Resumo23:50 às 01:40
Nacer De Novo
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
Resumo01:40 às 02:53
Libro De Familia
Chega unha carta de Segundo, que lle ofrece a Marisiña un traballo nunha casa de comidas en Bilbao. Os Cabanas non están moi seguros da conveniencia de lerlla. Todos na vila están sorprendidos polo comportamento de Marcos co seu pai.
Resumo02:53 às 05:56
Libro De Familia
Santalla prepárase para a malla. Cosme sente nostalxia polos tempos pasados, sen maquinaria e onde non todo se movía por cartos. Don Román, propietario da única malladora, pretende abusar dos veciños e, concretamente, dos Cabanas.
Resumo05:56 às 06:00
Información Estado Do Mar Mañá
Información Estado Do Mar Mañá
Resumo06:00 às 07:00
Galicia Por Diante
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
Resumo07:00 às 09:30
Bos Días
Presenta María Cheda.
Resumo09:30 às 09:37
O Agro
O Agro
Resumo09:37 às 10:30
Cos Pés Na Terra
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. 'Cos pés na terra' estará hoxe cunha cesteira e cun produtor de pemento de Herbón. O programa da TVG tamén ten unha cita cun criador de porco celta.
Resumo10:30 às 12:55
O Termómetro
Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias.
Resumo12:55 às 13:25
Galicia Noticias
Presenta Raúl Quián.
Resumo13:25 às 14:05
Telexornal
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
Resumo14:05 às 14:25
En Xogo
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
Resumo14:25 às 14:27
Avance En Compañía De Loli
Avance En Compañía De Loli
Resumo14:27 às 14:37
O Tempo
O Tempo
Resumo14:37 às 17:00
En Compañia De Loli
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións para rematar coa súa soidade.
Resumo17:00 às 18:30
Hora Galega Xvi
Hora Galega Xvi
Resumo18:30 às 19:15
O Campo É Noso
Lucía Casal ponlle os crotais á nova becerra de Cuca e Aitor Jamardo visita un viveiro para coñecer diferentes variedades de árbores froiteiras. Víctor Bascoy toma medidas para cubrir correctamente o silo e Víctor Cabido explica as variedades e características das patacas que cultiva. Lucía Martínez traslada o seu gando a unha nova zona de pasto e Oti Fernández amosa os riscos e as particularidades do traballo dos percebeiros.
Resumo19:15 às 20:00
A Voltas Co Prato
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
Resumo20:00 às 20:36
Telexornal
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
Resumo20:36 às 20:45
O Tempo
O Tempo
Resumo20:45 às 21:46
Land Rober + Show
‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores.
Resumo21:46 às 22:31
Orgullo De Familia
Os Jiménez Jiménez afrontan un pequeno contratempo: Aitana sofre unha escordadura de nocello e, mentres ten que gardar repouso, a familia busca diferentes maneiras de entretela e facerlle máis levadeira a recuperación. Pola súa banda, os Jiménez Hernández están decididos a cambiar de aires: cansos da súa vivenda actual, acoden a unha inmobiliaria na procura dunha nova casa que se adapte ás súas necesidades.
Resumo22:31 às 23:55
Vivas
'Vivas' é moito máis que un documental, é un berro de esperanza, unha viaxe de renacemento en que, a través da metodoloxía Máis ca vida, do actor Rubén Riós, que emprega as artes escénicas e o audiovisual como ferramentas de transformación, 14 mulleres superviventes da violencia de xénero reescriben a súa historia, afastándose da dor para abrazar o autodescubrimento e o apoderamento.
Resumo23:55 às 01:40
A Miña Familia Pola Túa
Divertida proposta en que dúas nais, con estilos de vida opostos, intercambiarán o seu fogar durante unha semana. O programa intercambia hoxe as vidas dun rapaz obsesionado polo fútbol e un home ao que tanto lle ten o deporte rei. O mar tira de Abdón tanto como o Celta, mentres que o mundo de Manolo son as vacas e o monte.